LENGUA CASTELLANA
Repasa diferentes contenidos de lengua a través de los siguientes juegos. Puedes hacerlo en familia, pero recuerda que necesitarás habilitar el Flash Player en tu navegador.
- Ficha de repaso adjetivos (ver PDF)
LINGUA GALEGA
- Lectura do capítulo "Adianto de plans" de Kusuma.
- Copia o vocabulario no caderno e leo varias veces para comprender o capítulo.
fornecer: Abastecer.
insaciable: Que non dá satisfeito a necesidade de comer.
soneca: Sono lixeiro e curto.
engalar: Levantar o voo.
escudriñando: Observar atenta e minuciosamente buscando algo que está oculto.
anoxarse: Enfadarse.
adiar: Deixar para outro día.
espallado: Disperso.
trobo: Colmea.
arreguizar: Estremecer.
lacónica: Breve, que se expresa con poucas palabras.
- Realiza na túa libreta as actividades de comprensión.
1. Que sorpresa lle esperaba a Kusuma cando se ergue coas primeiras luces do día?
2. Por que se anoxa consigo mesma?
3. De que se encarga Ispa para poñer en marcha o plan? Para que?
4. Dos animais que viven na zona dos eucaliptos había dous que non apoiaban ao principio a idea de Kusuma. Quen son e por que non lles interesaba?
5. O máis importante de todos eles era segundo Kusuma ................. porque ...................
6. Analiza sintáctica (suxeito, ...) e morfolóxicamente (clase de palabra, xénero, número, ...) a oración:
As avespas son unha ameaza para todos.
- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.
- Repaso numeración (ver PDF)
- Razonamiento lógico (ver PDF)
CIENCIAS SOCIAIS
- A proposta que vos facemos, para esta semana e a seguinte, é que gravedes un vídeo no que fagades unha breve presentación do tema da Idade Media.
Non deberá exceder os 4 minutos e poderá ser unha presentación global do tema ou centrada nun dos seus apartados. Se queredes podédelo enviar cando o rematedes á nosa dirección de correo electrónico. Sen medo, non se publicará no blogue!
Hai uns días que na páxina web do cole aparecía un trailer anunciando: "ALGO VAI CAMBIAR". Pois ben, hoxe seguro que poidestes comprobar que estamos invitados a participar nunha aventura fantástica. A historia cóntanos que o coronavirus puxo un cadeado a todas as portas do colexio. Necesitamos unhas claves para poder abrilos. Para conseguilas temos que resolver uns RETOS. Cantos máis nen@s o fagan, máis posibilidades teremos de obter eses códigos. Anímate e participa. Cada semana propoñerémosvos un RETO nalgunha actividade ou materia. Esta semana tocoulle a Naturais.
Estade atentos este venres á publicación do blogue porque descubriredes se conseguistes ou non superar o reto e tamén, de ser o caso, as intrucións que vos permitirán obter o código para abrir os cadeados.
- RETO: Cuestionario "A natureza e a súa conservación". Pincha aquí.