A semana pasada lanzámonos a unha nova aventura. Coma vos contamos, a través dos retos que vaiades conseguindo poderedes ir abrindo as portas do colexio.
Ademais, seguro que ollando a nova páxina do centro veríades que dende ela tedes acceso ao noso blogue e tamén ás actividades propostas desde as demais materias, coa intención de que vos sexa máis doado entrar a elas.
Cada venres informarásevos desde o propio blogue se o reto semanal está cumprido. De ser así, poderedes visitar nesa mesma web o apartado Retos cumpridos, pinchar sobre o cadeado do noso curso e resolver as misións que alí se vos indica. Conseguiredes un número por misión que debedes anotar para finalmente introducir o código que vos conduza a abrir as portas do cole.
SEMANA DA LINGUA
Como ben sabedes, o 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano adicadas á figura de Ricardo Carvalho Calero. Por iso, esta semana as nosas actividades na área das Linguas (tanto castelá como galega) irán encamiñadas ao coñecemento da vida e obra do autor homenaxeado. Deixámosvos un vídeo e unhas actividades interactivas.
- Lectura e actividades do capítulo COMEZA A "OPERACIÓN RAÍÑA" de Kusuma (ver PDF)
- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.
MATEMÁTICAS
- Actividades de repaso: Jerarquía de operaciones y fracciones. Pincha aquí
- Continuade traballando na proposta que vos fixemos a semana pasada: gravar un vídeo no que fagades unha breve presentación do tema da Idade Media, que non deberá exceder os 4 minutos. Lembrade que poderá ser unha presentación global do tema ou centrada nun dos seus apartados. Logo podédelo enviar cando o rematedes a: riadoburgoquinto@gmail.com
E aqueles que xa enviastes o vídeo nestes días pasados, traballo feito esta semana!!
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación.
E aqueles que xa enviastes o vídeo nestes días pasados, traballo feito esta semana!!
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación.
- RETO: Para esta semana propoñémosvos que elaboredes unha manualidade con material de refugallo que teñades na casa.
No tema que levamos traballando en semanas anteriores comprobamos que unha forma moi efectiva de reducir a cantidade de lixo era seguir "A regra dos tres R": reducir, reciclar e reutilizar. Centrarémonos nesta actividade que vos plantexamos na regra de "Reutilizar", aproveitando aqueles materiais que xa non usedes para darlles unha nova vida. Podedes enviar as vosas creacións á nosa dirección de correo electrónico.
*Esta é unha das tarefas prioritarias que é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación. Esta actividade valorarase tanto en Ciencias Naturais como en Plástica.
*Esta é unha das tarefas prioritarias que é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación. Esta actividade valorarase tanto en Ciencias Naturais como en Plástica.
