viernes, 19 de junio de 2020

CORRECCIÓN DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES E RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN


- Corrección das actividades desta semana (ver PDF)

- Recomendacións para o verán (ver PDF)


Feliz verán a todos e unha aperta enorme!
As titoras de 5º

lunes, 15 de junio de 2020

DESPEDIDA


Benqueridos nenos, nenas e familias:

Esta semana rematamos un curso atípico no que todos xogamos un papel inesperado que nunca imaxinamos ter que desenvolver.

Dun día para outro, recollemos todo o que tiñamos no cole ás presas, e as casas convertéronse en aulas improvisadas nas que pais e nais tivestes que guiar aos vosos fillos e fillas nunha nova realidade, na que o académico pasou a un segundo plano, e o importante foi cubrir esas carencias que os pequenos tiveron a outros niveis moito máis esenciais. Se algo nos ensinou todo isto foi a relativizar e a poñer cada cousa no seu lugar. Carentes de risas, momentos e xogos compartidos entre iguais, os nenos tiveron en vós unha axuda e apoio que seguro non esquecerán.

E vós, os nosos alumnos e alumnas, superastes con creces todas as expectativas, estando presentes, cumprindo coa entrega do que vos pedimos e mantendo o ánimo e o interese ata o último momento. Que ben o fixestes!

Por todo iso, grazas. Grazas por facernos sentir afortunadas de seguir crendo nunha profesión, agora se cabe, aínda con máis forza.

Despedimos o curso e con el moreas de correos electrónicos, incertidume e inquedanza, á espera de reencontrarnos moi cedo e poder compartir con vós todo o que durante este tempo non puidemos.

Agora toca desconectar e recargar enerxías para en setembro atoparnos de novo.

Bo verán e vémonos á volta!

Unha aperta enorme e novamente grazas.
As titoras


PD: Deixámosvos un pequeno agasallo feito con todo o noso cariño que desexamos que vos guste. Podedes imprimilo en cartolina ou en papel fotográfico. Están en dous formatos, se imprimides é mellor facelo en .png xa que ten unha mellor resolución.

- Clase de 5ºA: .pdf  - .png
- Clase de 5ºB: .pdf  - .png
- Clase de 5ºC: .pdf  - .png

TAREFAS VOLUNTARIAS do 15 ao 19 de xuño

Esta semana vai lixeiriña que xa é a última! Non será necesario entregar ningunha tarefa e as correccións publicaranse o venres.

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA


LINGUA GALEGA

- Lectura  e actividades do capítulo "Cada rolada ao seu niño" de Kusuma. Pincha aquí

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

- Pasa un bo rato razoando un pouquiño (ver PDF)

CIENCIAS SOCIAIS

- Repasa a xeografía de España:

          Enlace 1
          Enlace 2

CIENCIAS NATURAIS

- Repasa o tema das plantas nos seguintes vídeos:

Clasificación das plantas

A fotosíntese

Reprodución das plantas

Experimentos

PLÁSTICA

- Figuras geométricas con pajitas. Durante esta semana o en vacaciones podéis entreteneros haciendo esta manualidad. En nuestro ánimo por cuidar el medio ambiente os aconsejamos que lo hagáis con pajitas usadas y así les podréis dar una nueva vida.







viernes, 12 de junio de 2020

RETO CUMPRIDO

Parabéns! Outra semana máis lograstes superar o reto. Para cumprir a misión definitiva que nos permitirá gañar ao virus e envialo moi lonxe, teredes que entrar ao longo da tarde de hoxe na páxina da gamificación e ir ao apartado Máis - Retos cumpridos.

Se o conseguides, a próxima semana será de celebración e festexo, e por este motivo as tarefas serán voluntarias e máis distendidas. Ademais non haberá nada que entregar!!!

Xa estamos cerca de acabar con el!

lunes, 8 de junio de 2020

TAREFAS RECOMENDADAS do 8 ao 12 de xuño

NOTA: É importante esta semana entregar as tarefas sinaladas como prioritarias na maior brevidade posible, como mínimo antes do día 12 para que poidan valorarse de cara á sesión de avaliación.

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA

- RETO: Composición escrita (ver PDF)
*Esta es una de las tareas prioritarias que, por tanto, es recomendable enviar para tener en cuenta en el momento de la evaluación.

LINGUA GALEGA

-KUSUMA: Lectura do capítulo "Unha sorpresa xigante". Neste capítulo só é necesario unha lectura comprensiva. Copia o vocabulario e despois leo varias veces para unha mellor comprensión lectora.

VOCABULARIO:

- resío: Pingas pequenas que se forman polo frío da noite por condensación da humidade do aire. 
- acocho: Agocho, escondedoiro.
- gaiola: Caixa feita de arames, barras ou paus, para ter dentro animais, especialmente paxaros.
- mesto: Espeso.
- predio: Terreo (castelán: finca).

- Cuestionario. Pincha aquí
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, por tanto, é recomendable facer para ter en conta no momento da avaliación.

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

- Ficha de repaso (ver PDF)

CIENCIAS SOCIAIS

- Como sabedes, este ano, estivemos traballando nun proxecto de MeteoEscolas. Deixámosvos unha selección de xogos para que repasedes conceptos relacionados co tempo e o clima. Non tedes que facelos todos. Elixide aqueles que máis vos gusten e despois durante o verán podedes incluso retomar aqueles que vos quedaron sen facer se vos apetece. Pincha aquí

CIENCIAS NATURAIS

- Repasa o aparello locomotor cos seguintes vídeos:

O aparello locomotor

Os ósos

Os músculos

Curiosidades

viernes, 5 de junio de 2020

MISIÓN CUMPRIDA

Parabéns! Outra semana máis na que lograstes superar o reto. Coma sempre lembrade que  teredes que entrar ao longo da tarde de hoxe na nova páxina do centro, ir ao apartado Máis - Retos cumpridos e resolver as misións que se vos indican.



lunes, 1 de junio de 2020

TAREFAS RECOMENDADAS do 1 ao 5 de xuño

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA

 - Ficha interactiva: Determinantes

LINGUA GALEGA

-KUSUMA: Lectura do capítulo "Os tempos están mudando" (ver PDF)

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

- RETO: Ficha de cálculo.  Aproxima los decimales sólo hasta la centésima (ver PDF)
*Esta es una de las tareas prioritarias que, por tanto, es recomendable enviar para tener en cuenta en el momento de la evaluación.

CIENCIAS SOCIAIS

- Cuestionario de repaso. Pincha aquí 
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable facer para ter en conta no momento da avaliación.

CIENCIAS NATURAIS

- Para repasar o tema "Os sentidos e o Sistema Nervioso"  visiona os seguintes vídeos.


A vista

O olfacto

O oído

O gusto

O tacto

O Sistema Nervioso


"COMIGO NON CONTES, PLÁSTICO!"

Para rematar a actividade “Comigo non contes, plástico!”, acaban de facernos unha proposta de traballo voluntario que consiste na elaboración dun póster en cartolina ou folio para celebrar o Día mundial do medio ambiente. Este cartel tería como finalidade sensibilizar e concienciar acerca do coidado do medio ambiente e da problemática dos plásticos. 
Como recordades quedábanos pendente de realizar a terceira sesión desta actividade. Debido ás circunstancias que xa coñecemos foi imposible levala a cabo. A unha clase fáltalle incluso a segunda sesión. Por este motivo acábannos de propoñer unha alternativa. Cada aula ten un folleto de orientacións para a súa realización.