Bos días:
Ante as numerosas dúbidas que nos estades trasladando sobre cales son as tarefas que nos tedes que facer chegar, aclaramos que só debedes enviar aquelas que vos indiquemos no blogue especificamente a súa entrega. O resto de actividades son máis mecánicas e rutinarias, préstanse a autorevisión como faríamos na clase, e xa vos trasladamos a súa corrección ao inicio da seguinte semana, por tanto non é preciso que as enviedes, revisarémolas unha vez volvamos á normalidade.
Ademais as tarefas propostas polos especialistas debedes envialas ás súas direccións de correo electrónico. Na nova páxina do centro tedes un acceso cómodo aos contactos de todo o profesorado.
Moitas grazas e unha aperta!