viernes, 29 de mayo de 2020

MISIÓN CUMPRIDA

Parabéns! Esta semana tamén lograstes superar o reto. Coma sempre lembrade que para conseguir o código que abrirá o cadeado das portas do cole teredes que entrar ao longo da tarde de hoxe na nova páxina do centro, ir ao apartado Máis - Retos cumpridos e resolver as misións que se vos indican.


lunes, 25 de mayo de 2020

TAREFAS RECOMENDADAS do 25 ao 29 de maio

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA


- Cuestionario de repaso. Pincha aquí
*Esta es una de las tareas prioritarias que, por tanto, es recomendable hacer para tener en el momento de la evaluación.

- Corrige en tu libreta los errores ortográficos del siguiente texto (ver PDF)

LINGUA GALEGA

-KUSUMA: Lectura do capítulo "Raúl, un heroe". Copia o vocabulario no teu caderno e leo varias veces para comprender o capítulo.

VOCABULARIO:
estomballarse: Deitarse no chan.
folgo: Alento, respiración.
ficar: Quedar.
azo: Ánimo, forza de vontade.
inzado: Cheo.
pelica: Pel.
retrucar: Contestar, responder.

- RETOComposición escrita: Fai un resumo (10 liñas aproximadamente) do capítulo "Raúl, un heroe" de Kusuma. Podes facelo no caderno ou no ordenador e logo envialo ao noso correo.
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación.

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

- Resuelve los problemas en tu libreta (ver PDF)

CIENCIAS SOCIAIS

- Repasa o tema "Do Universo á Terra"  nos seguintes vídeos.


Fases lunares


Capas da Terra


Capas da atmosfera


CIENCIAS NATURAIS

- Para repasar o tema "O corpo humano"  visiona os seguintes vídeos e logo fai o Kahoo!


Aparatos do corpo humano




viernes, 22 de mayo de 2020

MISIÓN CUMPRIDA!

Esta semana tamén lograstes superar o reto. Noraboa! Lembrade que para conseguir o código que abrirá o cadeado das portas do cole teredes que entrar hoxe pola tarde na nova páxina do centro, ir ao apartado MásRetos cumpridos e resolver as misións que se vos indican. 



Ánimo, xa vai quedando menos!

lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFAS RECOMENDADAS do 18 ao 22 de maio

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA


- Ficha de repaso "Figuras literarias" (ver PDF)
- Diviértete repasando contenidos de lengua con el siguiente Genial.ly


LINGUA GALEGA

- Lectura  e actividades do capítulo "Traballo en equipo" de Kusuma. Pincha aquí

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

RETO: Cuestionario de repaso. Pincha aquí
Antes debes hacer las actividades en tu cuaderno y después cubrir las respuestas en el propio cuestionario. No es necesario que nos dirijas las respuestas, ya que al darle a la opción de ENVIAR ya nos llega automáticamente a nuestro correo.

*Esta es una de las tareas prioritarias que, por tanto, es recomendable hacer para tener en cuenta en el momento de la evaluación.

CIENCIAS SOCIAIS

- Repasa o tema "Do Universo á Terra" cos seguintes vídeos e logo fai o Kahoo!


A orixe do Universo e a Terra


O Universo, estrelas e galaxias


O Sistema Solar
CIENCIAS NATURAIS

- Para repasar o tema "O corpo humano"  visiona os seguintes vídeos.


Funcións dos seres humanos


A célula e as súas partes


Aparatos do corpo humano


PLÁSTICA

- Elige sólo una de las dos opciones, la que más te guste o motive. Tienes de plazo hasta el 8 de junio para hacérnosla llegar.

OPCIÓN A: SOMOS ARTE
OPCIÓN B: CARTEL KUSUMA

*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación.

viernes, 15 de mayo de 2020

MISIÓN CUMPRIDA!

Noraboa! Esta semana tamén lograstes superar o reto. Lembrade que para conseguir o código que abrirá o cadeado das portas do cole teredes que entrar hoxe pola tarde na nova páxina do centro, ir ao apartado de Retos cumpridos e resolver as misións que se vos indican. Conseguiredes un número por misión que debedes anotar para finalmente introducir o código que vos conduza a abrir as portas.

Ánimo, cada vez estamos máis cerca!!

lunes, 11 de mayo de 2020

TAREFAS RECOMENDADAS do 11 ao 15 de maio

Bos días nen@s!!!


A semana pasada lanzámonos a unha nova aventura. Coma vos contamos, a través dos retos que vaiades conseguindo poderedes ir abrindo as portas do colexio. 

Ademais, seguro que ollando a nova páxina do centro veríades que dende ela tedes acceso ao noso blogue e tamén ás actividades propostas desde as demais materias, coa intención de que vos sexa máis doado entrar a elas.

Cada venres informarásevos desde o propio blogue se o reto semanal está cumprido. De ser así, poderedes visitar nesa mesma web o apartado Retos cumpridos, pinchar sobre o cadeado do noso curso e resolver as misións que alí se vos indica. Conseguiredes un número por misión que debedes anotar para finalmente introducir o código que vos conduza a abrir as portas do cole.



Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

SEMANA DA LINGUA

Como ben sabedes, o 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano adicadas á figura de Ricardo Carvalho Calero. Por iso, esta semana as nosas actividades na área das Linguas (tanto castelá como galega) irán encamiñadas ao coñecemento da vida e obra do autor homenaxeado. Deixámosvos un vídeo e unhas actividades interactivas.



- Lectura e actividades do capítulo COMEZA A "OPERACIÓN RAÍÑA" de Kusuma (ver PDF)

- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.

MATEMÁTICAS

- Actividades de repaso: Jerarquía de operaciones y fracciones. Pincha aquí

CIENCIAS SOCIAIS

- Continuade traballando na proposta que vos fixemos a semana pasada:  gravar un vídeo no que fagades unha breve presentación do tema da Idade Media, que non deberá exceder os 4 minutos. Lembrade que poderá ser unha presentación global do tema ou centrada nun dos seus apartados. Logo podédelo enviar cando o rematedes a: riadoburgoquinto@gmail.com
E aqueles que xa enviastes o vídeo nestes días pasados, traballo feito esta semana!!
*Esta é unha das tarefas prioritarias que, polo tanto, é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación.

CIENCIAS NATURAIS

- RETO: Para esta semana propoñémosvos que elaboredes unha manualidade con material de refugallo que teñades na casa.
No tema que levamos traballando en semanas anteriores comprobamos que unha forma moi efectiva de reducir a cantidade de lixo era seguir "A regra dos tres R": reducir, reciclar e reutilizar. Centrarémonos nesta actividade que vos plantexamos na regra de "Reutilizar", aproveitando aqueles materiais que xa non usedes para darlles unha nova vida. Podedes enviar as vosas creacións á nosa dirección de correo electrónico.
*Esta é unha das tarefas prioritarias que é recomendable enviar para ter en conta no momento da avaliación. Esta actividade valorarase tanto en Ciencias Naturais como en Plástica.




viernes, 8 de mayo de 2020

MISIÓN CUMPRIDA!!!

Noraboa! Lograstes superar o reto semanal. Para conseguir o código que abrirá o cadeado das portas do cole teredes que entrar hoxe pola tarde na nova páxina do centro, ir ao apartado de Retos cumpridos e resolver as misións que alí se vos indican. Conseguiredes un número por misión que debedes anotar para finalmente introducir o código que vos conduza a abrir as portas.

Ánimo, xa estades cerca de completar a misión desta semana!!!

martes, 5 de mayo de 2020

NOTA INFORMATIVA

Bos días: 

Ante as numerosas dúbidas que nos estades trasladando sobre cales son as tarefas que nos tedes que facer chegar, aclaramos que só debedes enviar aquelas que vos indiquemos no blogue especificamente a súa entrega. O resto de actividades son máis mecánicas e rutinarias, préstanse a autorevisión como faríamos na clase, e xa vos trasladamos a súa corrección ao inicio da seguinte semana, por tanto non é preciso que as enviedes,  revisarémolas unha vez volvamos á normalidade.

Ademais as tarefas propostas polos especialistas debedes envialas ás súas direccións de correo electrónico. Na nova páxina do centro tedes un acceso cómodo aos contactos de todo o profesorado.

Moitas grazas e unha aperta!



TAREFAS RECOMENDADAS do 4 ao 8 de maio

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA


Repasa diferentes contenidos de lengua a través de los siguientes juegos. Puedes hacerlo en familia, pero recuerda que necesitarás habilitar el Flash Player en tu navegador.





- Ficha de repaso adjetivos (ver PDF)

LINGUA GALEGA

- Lectura do capítulo "Adianto de plans" de Kusuma.
- Copia o vocabulario no caderno e leo varias veces para comprender o capítulo.

          fornecer: Abastecer.
          insaciable: Que non dá satisfeito a necesidade de comer.
          soneca: Sono lixeiro e curto.
          engalar: Levantar o voo.
          escudriñando: Observar atenta e minuciosamente buscando algo que está oculto.
          anoxarse: Enfadarse.
          adiar: Deixar para outro día.
          espallado: Disperso.
          trobo: Colmea.
          arreguizar: Estremecer.
          lacónica: Breve, que se expresa con poucas palabras.
   
- Realiza na túa libreta as actividades de comprensión.

1. Que sorpresa lle esperaba a Kusuma cando se ergue coas primeiras luces do día?
2. Por que se anoxa consigo mesma?
3. De que se encarga Ispa para poñer en marcha o plan? Para que?
4. Dos animais que viven na zona dos eucaliptos había dous que non apoiaban ao principio a idea de Kusuma. Quen son e por que non lles interesaba?
5. O máis importante de todos eles era segundo Kusuma ................. porque ...................
6. Analiza sintáctica (suxeito, ...) e morfolóxicamente (clase de palabra, xénero, número, ...) a oración:
                                        As avespas son unha ameaza para todos.


- Lembra o mércores completar o teu DICIONARIO das EMOCIÓNS.


MATEMÁTICAS

- Repaso numeración (ver PDF)

- Razonamiento lógico (ver PDF)

CIENCIAS SOCIAIS

- A proposta que vos facemos, para esta semana e a seguinte, é que gravedes un vídeo no que fagades unha breve presentación do tema da Idade Media. 
Non deberá exceder os 4 minutos e poderá ser unha presentación global do tema ou centrada nun dos seus apartados. Se queredes podédelo enviar cando o rematedes á nosa dirección de correo electrónico. Sen medo, non se publicará no blogue!

CIENCIAS NATURAIS

Hai uns días que na páxina web do cole aparecía un trailer anunciando: "ALGO VAI CAMBIAR". Pois ben, hoxe seguro que poidestes comprobar que estamos invitados a participar nunha aventura fantástica. A historia cóntanos que o coronavirus puxo un cadeado a todas as portas do colexio. Necesitamos unhas claves para poder abrilos. Para conseguilas temos que resolver uns RETOS. Cantos máis nen@s o fagan, máis posibilidades teremos de obter eses códigos. Anímate e participa. Cada semana propoñerémosvos un RETO nalgunha actividade ou materia. Esta semana tocoulle a Naturais.


Estade atentos este venres á publicación do blogue porque descubriredes se conseguistes ou non superar o reto e tamén, de ser o caso, as intrucións que vos permitirán obter o código para abrir os cadeados.


- RETO: Cuestionario "A natureza e a súa conservación". Pincha aquí.


PROPOSTA DE ACTIVIDADE: Para compartir ( ver aquí)