lunes, 27 de abril de 2020

TAREFAS VOLUNTARIAS do 27 ao 30 de abril

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA

- Actividades del libro de texto: "Los pronombres" (pág. 128-129, ejercicios: 2, 3, 4, 5, 6).

LINGUA GALEGA

- Lectura do capítulo "A orixe do mal" de Kusuma.
- Copia o vocabulario no caderno e leo varias veces para comprender o capítulo.
          destemido: Temerario, ousado.
          daniño: Que causa dano.
          pesadume: Pesar, tristeza.
          cobreguear: Moverse arrastrándose polo chan con movementos propios das cóbregas.
          espelirse: Apresurarse na realización de algo, apurar.
          gorecer: Resgardar, aloxar.
          porte: Aspecto.
          gorentoso: Que gusta moito.
          inquedanza: Inquietude.
          fenda: Brecha, fisura.
          inexpugnable: Ben protexido e defendido.
          enigmática: Misteriosa.
 
- Realiza na túa libreta as actividades de comprensión.
  1. Cando Kusuma regresa onda a serpe vén moi excitada, cal é a causa?
  2. Que tipo de avespas son estas coas que se acaba de cruzar ?
  3. Con que tres nomes distintos se coñecen estes insectos?
  4. Por que lle asustan tanto?
  5. Estes bichos só lle teñen medo a .................
  6. Por que pensa Ispa que as crías de Kusuma se portan tan ben cando as coida ela?
  7. Explica nun pequeno texto (mínimo cinco liñas) a túa opinión do comportamento de Ispa con Kusuma.
 - Lembra o mércores completar o teu dicionario das emocións.

MATEMÁTICAS

- Repasa  en los siguientes vídeos como transformar unidades y después realiza las actividades:

De forma compleja a incompleja



De forma incompleja a compleja


  Actividad 1
  Actividad 2
  Actividad 3

-Cálculo mental. Puedes elegir diferentes niveles de dificultad. ¿Te atreves con los niveles tres, cuatro o cinco? Inténtalo.

CIENCIAS SOCIAIS

- Continúa repasando o tema da Idade Media co material publicado en semanas anteriores.
- Ficha Idade Media: Arte Románica e Gótica  (ver PDF).

CIENCIAS NATURAIS

- Lectura do último apartado do tema: "A conservación do medio natural" (páx. 94-95).
- Actividade: Busca información sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas e explica brevemente as medidas que se toman para evitar a deterioración deste espazo natural protexido.
- Repasa o tema nos seguintes vídeos:


Regra dos tres R


Cambio climático


Sete marabillas naturais


Dez cidades abandonadas