lunes, 30 de marzo de 2020

TAREFAS VOLUNTARIAS desde o 30/03 ata despois da Semana Santa

As próximas tarefas colgaranse o 14 de abril

Corrixir as actividades feitas na semana anterior (ver PDF).

LENGUA CASTELLANA
Actividades del libro de texto

Pág.114: 3 (Leer el recuadro y el recuerda)
Pág.115: 4
Pág.117: 1
Pág.120: 1,4 (Repasa el recuadro de la pág.113), 6

LINGUA GALEGA
-        Lectura comprensiva do capítulo “Un xuízo complicado” de Kusuma.
VOCABULARIO: Copia o vocabulario na libreta e despois debes lelo varias veces para axudarche a comprender a lectura. Despois les o capítulo.

              Eivado: Que non pode valerse por si mesmo.
              Doente: Enfermo.
              Tona: Parte superficial da auga.
              Rolda: Quenda, vez.
              Querela: Acusación.
              Terzar: Intervir entre bandos enfrontados.
              Eximir: Facer que quede libre de cumprir unha obriga.
              Retrucar: Replicar.
              Desafuzar: Obrigar a abandonar a propiedade.
              Laverca: (en castelán: alondra).
              Fitar: Mirar fixamente.

     -        Comprensión lectora: Realiza no teu caderno as actividades de comprensión do capítulo.

1.      Quen é a encargada de conducir o xuízo?
2.      Que animal da fraga presentou a querela contra Kusuma?
3.      O membro do Consello que fala en primeiro lugar é .............
4.      Que lugar propón o xabaril para que vaia a vivir Kusuma?
5.      A lagarta, avogada de Kusuma, argumenta na súa defensa:
a)      Que non molesta a ninguén.
b)      Que unha ave tan fermosa debe vivir aquí.
c)     Que os pitiños de Kusuma naceron aquí, polo que deben considerarse nativos da fraga.
d)   Que non coñecía a norma cando se instalou na fraga, polo tanto, non cometeu ningunha infracción.
6.      Por que os membros do Consello consideran inaceptable o argumento da lagarta:
a)  O seu niño é moi grande.
b)  A construción do niño é anterior ao nacemento das crías.
c)  O número de crías é moi elevado.
7.      Como lle chamou a laverca a Kusuma:
      a)  Bolboreta con plumas.
      b)  Paxaro fachendoso.
      c)  Vítima inocente.
8.      Cal foi a sentenza do Consello.

     -        Gramática: “O pronome persoal tónico”. Le e copia no caderno a explicación. Despois realiza no teu caderno os               exercicios que a acompañan (ver PDF).


MATEMÁTICAS
Tema 7: “Medir longitudes, capacidades y masas”.
-          Visualiza nuevamente la explicación en:

-        Actividades del libro de texto:
Pág.124: ( lee el recuadro y copia la escala)
Pág.125: 21,22,27
Pág.126: (lee el recuadro)
Pág.127: 30 (ej. 2463 dm= 2hm 4dam 6m 3dm)

km
hm
dam
m
dm
cm
mm

2
4
6
3



Pág.127: 31,34

              Nota: No hace falta que copiéis los enunciados de los problemas.

CIENCIAS SOCIAIS

- Test de autoavaliación Tema 4 (pincha aquí).
             - Visualiza os seguintes vídeos para contextualizar o tema “A Idade Media”.







            Ver presentación resumo do tema "A Idade Media".

 


CIENCIAS NATURAIS

- Test de autoavaliación Tema 5 (pincha aquí).             
        - Visiona o seguinte vídeo para contextualizar o primeiro apartado do tema "A natureza e a súa conservación".





Ecosistemas terrestres

-  Lectura comprensiva da páx. 86-87 do libro de texto.  

viernes, 27 de marzo de 2020

Ola nen@s e familias!

Como estades a levar estes días? Estamos seguras de que o estades a facer moi ben!

Hoxe lanzámosvos un RETO voluntario: Facer algunha manualidade en familia relacionada coa Pascua e cos materiais que teñades na casa. Cando a teñades rematada (antes do fin da Semana Santa), podedes enviar unha foto ao noso correo:


Esperamos con entusiasmo os vosos traballos!!!

Moito ánimo e unha aperta.


Manualidades para hacer conejos de Pascua | Pequeocio

lunes, 23 de marzo de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 AO 27

Corregir las actividades de la semana anterior (ver PDF).

LENGUA CASTELLANA

Actividades del libro de texto:
- Pág.110: 1,2
- Pág.111: 4
- Pág.112: 2,3,5 (Lee “Recuerda”)
- Pág.113: 6,7

LINGUA GALEGA

- CAPÍTULO: “O Consello da Fraga”.
Lectura do texto. Se atopas algunha palabra que non coñezas búscaa no diccionario (podes facelo no dicionario dixital da RAG).

- ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA (Copia e contesta a estas preguntas na libreta):
1. Quen é o emisario do Consello?
2. Que comunicado lle transmite a Kusuma?
3. De que a acusan?
4. Onde se celebrará a reunión?
5. Por que non se estraña Kusuma que o coello sexa o emisario?
6. Quen forma o Consello?
7. A abogada de Kusuma será ……
8. Cal é o motivo de que o lugar de reunión sexa o clareiro entre a carballeira e o río?
9. Completa: A …………….…. é o único membro do Consello que varía, xa que cando baixa ao mar é o ………………………… quen a sustitúe. Se estes dous andan lonxe no seu lugar vai a ……………….
10. Se poden acudir todos os animais da fraga, como é que non se comen uns a outros?

- PROPOSTA DE TRABALLO SOBRE AS AVES (ver PDF).

MATEMÁTICAS

- Visualiza la explicación del tema Tema 7: “Medir longitudes, capacidades y masas” en:




Actividades del libro de texto:
Pág.121: (Lee el recuadro y copia la escala) 4,5,7,8,9
Pág.122: (Lee el recuadro y copia la escala) 11
Pág.123: 13,16

- Ficha de cálculo (ver PDF).

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS

- Continuar coas tarefas pautadas na semana anterior (repasa a ficha de Sociais e fai o esquema ou resumo do tema 5 de Naturais).

Os ecosistemas



Xogo

miércoles, 18 de marzo de 2020

BENVID@S AO BLOGUE

Benquerid@s nen@s e familias:

Estes días están sendo difíciles e tócanos asumir un importante reto.

Ante a situación na que nos atopamos, as titoras de 5º de E.P. decidimos poñer á vosa disposición este blogue chamado “Folerpas de papel”, que empregaremos como ferramenta para resolver posibles dúbidas que vaian xurdindo e planificar, na medida do posible, o traballo a realizar nas vindeiras semanas.

A nosa intención é, que cada luns, revisedes o blogue e consultedes as tarefas recomendadas para a semana. Naqueles contidos que o requiran, especialmente na área de matemáticas e ciencias, adxuntaranse enlaces a vídeos explicativos dos contidos traballados.

Ademais, procuraremos xunto coa nova tarefa semanal, colgar tamén as actividades da semana anterior corrixidas.

Tamén teredes acceso a enlaces e páxinas de interese (fichas, vídeos, xogos...) para aqueles que rematedes as tarefas antes do tempo previsto.

É importante que non perdades o hábito de traballo, e dentro das posibilidades de cada un, ter un horario para as tarefas escolares, aínda que sexa desde a casa. Se ben, as actividades que iremos programando son “propostas” para ocupar o tempo e seguir aprendendo a pesar das circunstancias; pero non unha imposición. Cada quen que se vaia organizando en función das súas posibilidades, xa que as circunstancias son as que son.

Lembrade o importante que é repasar os contidos traballados, ler todos os días e realizar diariamente algunha operación de cálculo.

Para calquera dúbida que consideredes relevante poñemos a vosa disposición o seguinte correo electrónico: