lunes, 20 de abril de 2020

TAREFAS VOLUNTARIAS do 20 ao 24 de abril

Corrixir as actividades da semana anterior (ver PDF)

LENGUA CASTELLANA

- Actividades Día del libro (ver PDF)

LINGUA GALEGA

- Lectura do capítulo "Os desterrados da fraga" de Kusuma.
- Copia o vocabulario no caderno e leo varias veces para comprender o capítulo.
           ourizo cacho: Ourizo, mamífero que ten o corpo cuberto de pugas.
           picapau: Peto (en castelán, pájaro carpintero).
           lucecú: Vagalume, insecto que emite luz na escuridade.
           sapoconcho: Tartaruga.
           beizón: Bendición (pódese dicir das dúas maneiras).
           deostado: Insultado.

- Realiza na túa libreta as actividades de comprensión.
  1.   A que outros animais expulsaron da fraga?
  2.   Por que expulsaron a cada un deles.
  3.   Hai nesta parte do bosque algún outro animal que sexa de fóra como Kusuma?
  4.   Por que é máis complicado vivir na periferia?
  5.   Pola contra, tamén ten algunhas vantaxes. Cales son?
  6.   A Kusuma vaille levar máis tempo levantar o seu niño porque.........
  7.   Explica nun pequeno resumo o que descubriu na última viaxe do día.
 - Dicionario das emocións (ver PDF)

MATEMÁTICAS

- Actividades de repaso del libro de texto: Pág. 132, ejercicios: 1, 4, 5, 8.
- Ficha de operaciones (ver PDF)

CIENCIAS SOCIAIS

Repasa o tema da Idade Media nos seguintes enlaces:

IDADE MEDIA
REINOS DA PENÍNSULA IBÉRICA

CIENCIAS NATURAIS

- Lectura das páxinas 90-91-92 e 93 do libro.
- Traballo de investigación:

Desde o comezo do curso traballamos e investigamos acerca de como nós estamos a influír no cambio climático, e sobre que medidas podemos adoptar para contribuír á súa conservación.
Ben é sabido que o parón provocado polo Coronavirus está a perxudicar moitos aspectos das nosas vidas; sen embargo, está a beneficiar ao noso planeta.

Axudámosvos con algunhas cuestións que poden guiar as vosas investigacións:

  - Que efectos está tendo a cuarentena sobre o planeta?
  - Pensas que baixaron durante este tempo os niveis de contaminación?
  - De ser así, cales pensas que son as causas dese descenso da contaminación?
  - Busca dúas imaxes do mesmo lugar (paisaxe) antes e despois do confinamento e explica que diferenzas observas.

Agora collede papel e lapis e elaborade un pequeno traballo de investigación. Podedes facelo tamén na libreta de Naturais ou, se o preferides, no ordenador. E logo se vos apetece podedes envialo ao noso correo electrónico.