Estes días están sendo difíciles e tócanos asumir un importante reto.
Ante a situación na que nos atopamos, as titoras de 5º de E.P. decidimos poñer á vosa disposición este blogue chamado “Folerpas de papel”, que empregaremos como ferramenta para resolver posibles dúbidas que vaian xurdindo e planificar, na medida do posible, o traballo a realizar nas vindeiras semanas.
A nosa intención é, que cada luns, revisedes o blogue e consultedes as tarefas recomendadas para a semana. Naqueles contidos que o requiran, especialmente na área de matemáticas e ciencias, adxuntaranse enlaces a vídeos explicativos dos contidos traballados.
Ademais,
procuraremos xunto coa nova tarefa semanal, colgar tamén as actividades da
semana anterior corrixidas.
Tamén teredes
acceso a enlaces e páxinas de interese (fichas, vídeos, xogos...) para aqueles
que rematedes as tarefas antes do tempo previsto.
É importante que
non perdades o hábito de traballo, e dentro das posibilidades de cada un, ter
un horario para as tarefas escolares, aínda que sexa desde a casa. Se ben, as
actividades que iremos programando son “propostas” para ocupar o tempo e seguir
aprendendo a pesar das circunstancias; pero non unha imposición. Cada quen que
se vaia organizando en función das súas posibilidades, xa que as circunstancias
son as que son.
Lembrade o
importante que é repasar os contidos traballados, ler todos os días e realizar
diariamente algunha operación de cálculo.
Para calquera
dúbida que consideredes relevante poñemos a vosa disposición o seguinte correo
electrónico:
